Un blogue para as castañas e o medio rural

O proxecto de Amarelante comezou coa convicción de que iría moito máis aló da produción e posterior venda de castañas.  Apostamos por revitalizar o rural, cunha visión integradora que combine tradición e innovación.

Temos moi claro onde vivimos, os seus potenciais, carencias e necesidades. Por iso seguimos traballando con ilusión e tendo sempre presente que “queremos vivir do rural, non sobrevivir”.

Continuaremos apostando por produtos naturais, a ecoloxía, o feminismo, o respeto ao medio, as súas tradicións… e investigando e reinventando un produto de máxima calidade como a castaña.

No noso blogue irémosvos contando a nosa historia, novidades, detalles dos nosos produtos a base de castaña amarelante, receitas con fariña de castaña… Permanece atent@!

fariña-castaña

Fariña de castaña

Un producto sen glute, cun alto poder nutritivo, sen conservantes e, por suposto, 100 x 100 natural. Desde Amarelante contámosche as propiedades da fariña de castaña e como podes usala.

Leer Más ⟶