Cultivo ecolóxico e sostible de castañas
LAT: 42° 18′ 7.452” N LONG: 7° 13′ 47.2908” W
Desde Manzaneda, Galicia, cultivamos e vendemos castañas de xeito ecolóxico e sostible

Amarelante Sociedade Cooperativa Galega nace no 2013 co obxectivo de recuperar os soutos abandonados e reactivar a produción de castañas de calidade, elaborando produtos con valor engadido comercializados baixo o selo de Castañas de Galicia.
Rexímonos polos principios de sostibilidade, xustiza social e respecto polo medio rural, valores que nos levaron a especializarnos na venda de castañas e noutros produtos derivados. Por todo iso, queremos ser unha cooperativa referente para os consumidores que queren comprar castañas en Galicia, principalmente as da variedade amarelante, unha das de mellor calidade do mercado polo seu calibre.
Detrás deste proxecto estamos Sonia, Óscar, Marcos, Natalia, Félix, Davide, Iria, Lito e Luz, os nove socios e socias aos que nos chamaron “tolos, idealistas ou utópicos” cando iniciamos a nosa particular aventura entre castiñeiros.
As nosas especialidades: da castaña á fariña
Ofrecemos produtos de máxima calidade, seguindo procesos naturais e optando polos formatos de presentación que mellor conservan os alimentos. Ademais da venda de castañas secas tratadas nun secadeiro alimentado con biomasa, elaboramos e comercializamos fariña de castaña e bica de castaña. En tódolos casos, o ingrediente base distintivo é a castaña amarelante do Macizo Central Ourensán.

Castañas Secas Peladas
Castañas tratadas nun secadeiro alimentado con biomasa. Un método tradicional aplicado por Amarelante para poder consumir castañas todo o ano. Sen aditivos nin conservantes e libres de glute.

Fariña de Castaña
Fariña elaborada 100% con castañas secas. Sen aditivos nin conservantes. Podes empregar a fariña de Amarelante tanto en pratos doces como salgados, así coma en empanadas, pizzas, pan, tortas, biscoitos, purés, fritos, galletas…

Bica de Castaña
A bica de castaña de Amarelante é a reinterpretación deste doce tradicional ao que lle engadimos un sabor especial incorporando a fariña de castaña. Trátase dunha sobremesa única cun sabor moi característico.
Alimenta as túas neuronas co noso blogue

Castañas estofadas con shiitake Trives
Desde Amarelante presentámosvos unha receita sinxela, que serve como guarnición de case calquera prato e que, ademais, é simplemente un punto de partida sobre o

Croquetas de polo ao curri con fariña de castaña
Aprende a facer unhas croquetas de fariña de castaña co

O Pandigueiro: a figura de Nadal do Macizo Central
Nin Apalpador nin Papa Noel. No Macizo Central temos a nosa propia figura de Nadal: o Pandigueiro. No noso blogue contámosche a súa historia. Nestes

10 beneficios das castañas
Sabiades que a castaña é comparable á laranxa en vitamina C? Pois si, hai moitas virtudes deste alimento que pasan desapercibidas, o cal é unha
Produción natural da castaña, materia prima da nosa terra

O compromiso de Amarelante coa natureza é clave na recuperación dos soutos e na revitalización do medio rural. Sen iso non existiría a nosa castaña amarelante única. Coñece no blogue todas as novidades e os nosos proxectos.
As castañas secas, a fariña e a bica de castaña son o resultado dunha elaboración totalmente natural. Tras a recollida manual das castañas, nas nosas instalacións seguen os procesos seguintes: secado, pelado, selección e moenda. Non usamos ningún conservante nin produto químico que altere a composición dun froito con múltiples propiedades. Entre os beneficios das castañas para a saúde destaca o seu aporte de hidratos de carbono, fósforo, ferro ou ácido fólico.