Termos e Condicións

TERMOS E CONDICIÓNS XERAIS DA VENDA DE PRODUTOS AMARELANTE S. COOP. GALEGA

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xuño, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, sinalamos que:

A presente páxina web amarelante.gal é propiedade de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, con CIF F32438426 e enderezo en A Corredoira, 3, 32781 de Manzaneda, OURENSE.

A tenda resérvase o dereito a cambiar estes Termos e Condicións na súa totalidade ou en parte en calquera momento, sen previo aviso. O cliente non está obrigado polas cláusulas dos Termos e Condicións que foran modificadas despois de realizar o pedido.

 

ACEPTACIÓN DE TERMOS E CONDICIÓNS XERAIS DE USO E ACCESO A TENDA ONLINE AMARELANTE.GAL

Como cliente deste sitio web, manifestas que comprendes e aceptas estes Termos e Condicións Xerais de Uso, que definen os dereitos e obrigas de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega e da cliente para a compra dos produtos ofertados.

Para proceder á compra non se requerirá o rexistro da persoa usuaria, aínda que podes facelo para non ter que introducir todos os datos en futuras compras. Porén, para proceder á compra dos produtos será necesaria a aceptación destas condicións antes de formalizar o pago. 

Compra de produtos

A compra de produtos da tenda online amarelante.gal realizarase engadindo aqueles que sexan de interese ao carriño da compra. Unha vez que todos o produtos están no Carriño, deberás introducir os teus datos persoais no seguinte paso para poder formalizar a compra. Finalizado este paso recibirás un correo electrónico de confirmación da compra. Neste correo incluirase toda a información relativa á compra realizada.

Comprométeste a facilitarnos datos verídicos, exactos, actuais e completos sobre a túa identidade.

En caso de profesionais…
Se es un profesional e estás interesado nos nosos produtos podes poñerte en contacto con nós a través do correo [email protected].

Packaging

Cada produto de Amarelante enviarase no seu formato de presentación ademais dunha caixa de cartón coa protección pertinente para que non sufra desperfectos.

Prezos

Os prezos dos produtos estarán perfectamente identificados e serán claros, estando sempre expresados en Euros (€). Estarán marcados cos impostos incluídos, especialmente o Imposto sobre o valor engadido (IVE) ao tipo que lle corresponda en cada momento.

Formas de pago

A compra dos produtos Amarelante será aboada unicamente a través de tarxeta de crédito ou débito (Visa, MasterCard, 4B, Euro 6000 e/ou outras tarxetas análogas).

As operacións financeiras están securizadas por unha entidade financeira atendendo á normativa de prestadores de servizos de pago (PSD y PSD2).

O cliente deberá notificarnos calquera cargo indebido ou fraudulento na tarxeta utilizada para as compras, enviándonos un email ao enderezo [email protected] no menor prazo de tempo posible.

As compras son realizadas nun entorno de servidor seguro baixo protocolo SSL (Secure Socket Layer) e todas as comunicacións transmitiranse encriptadas, o que asegura o maior nivel de protección ás comunicacións.

Unha vez introducidos os datos, a entidade bancaria validará a súa tarxeta de crédito e procederá ao cobro. Nese momento o pedido será efectivo e comezará o proceso para o envío.

Gastos de envío

Unha empresa especialista en transporte encárgase do envío a calquera zona de España. En caso de pedidos a Canarias, Baleares, Ceuta, Melilla ou internacionais consultar previamente a través do correo [email protected] para determinar os custos e a lexislación pertinente en materia alimentaria/sanitaria.

Os prezos varían en función do destino (3.50 euros dentro da comunidade galega e 5 euros para o resto do estado, excepto as Illas Baleares, as Illas Canarias, Ceuta e Melilla). Existe a posibilidade de recoller o pedido nas instalacións de Amarelante (A Corredoira, Manzaneda).

Prazos

Deberás agardar entre 2 e 6 días laborables se se trata dun envío nacional. Nos casos internacionais a entrega tardará entre 4-15 días.

Temos o compromiso de entregar os produtos en perfecto estado no enderezo que nos facilites no formulario de pedido. Non nos facemos responsables si houbera algún erro ou atraso na entrega cando o enderezo facilitado no proceso de compra non sexa o correcto. Pero sempre podes poñerte en contacto con nós en [email protected] se tiveras calquera dúbida ou incidencia sobre a entrega.

Política de devolucións

Como cliente terás os dereitos que establece o R.D. Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Defensa de Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.

Dispós dun prazo de desistimento de 14 días dende a data de recepción dos produtos dentro dos cales se poderá revocar a compra e procederemos a reembolsarche o importe aboado.

A continuación informamos de como proceder en cada caso:

  • Produto danado durante o envío: ao recibir o produto debes revisalo ben, deixando constancia no albarán de entrega (ou similar) se houbera calquera anomalía na embalaxe. Se unha vez aberta a embalaxe detectas calquera rotura ou desperfecto no produto deberás poñerte en contacto con nós , na maior brevidade en [email protected]. Deberás enviarnos fotografías do estado do produto para proceder á reposición do pedido.
  • Produto incorrecto: poida que nos equivocaramos ao enviarche o produto e non sexa o que pediches. Nese caso fáinolo saber na maior brevidade posible a través de [email protected] no prazo dos 7 días seguintes á recepción do mesmo e daremosche as indicacións para que procedas á devolución e enviarche o produto correcto.
  • O produto non satisface as súas expectativas: pode devolver o produto se, unha vez recibido, non se corresponde co que buscaba, dentro dos 14 días seguintes á recepción do mesmo. Neste caso deberá poñerse en caso con nós en [email protected]. É necesario que esté en perfecto estado e no seu envoltorio orixinal. Unha vez recibida a mercancía e examinado procederase á devolución do importe do pedido descontados os gastos de transporte.


Gastos de devolución:
se nos devolves un produto debido a un erro noso, é dicir, danado, defectuoso ou erróneo, nós asumiremos os gastos de envío da devolución.

Lei aplicable e xurisdición

A relación entre Amarelante S. Coop. Galega e a persoa usuaria/cliente rexirase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e tribunais de Ourense.