Cultivo ecolóxico e sostible de castañas
LAT: 42° 18′ 7.452” N LONG: 7° 13′ 47.2908” W
Desde Manzaneda, Galicia, cultivamos e vendemos castañas de xeito ecolóxico e sostible
Amarelante Sociedade Cooperativa Galega nace no 2013 co obxectivo de recuperar soutos abandonados e reactivar a produción de castañas de calidade, elaborando produtos con valor engadido comercializados baixo o selo de Castañas de Galicia.
Rexímonos polos principios de sostibilidade, xustiza social e respecto polo medio rural, valores que nos levaron a especializarnos na venda de castañas e noutros produtos derivados. Por todo iso, queremos ser unha cooperativa referente para os consumidores que queren comprar castañas en Galicia, principalmente as da variedade amarelante, unha das de mellor calidade do mercado polo seu calibre.
Detrás deste proxecto estamos Sonia, Óscar, Marcos, Natalia, Félix, Davide, Iria, Lito e Luz, os nove socios e socias aos que nos chamaron “tolos, idealistas ou utópicos” cando iniciamos a nosa particular aventura entre castiñeiros.
As nosas especialidades: da castaña á fariña
Ofrecemos produtos de máxima calidade, seguindo procesos naturais e optando polos formatos de presentación que mellor conservan os alimentos. Ademais da venda de castañas secas tratadas nun secadeiro alimentado con biomasa, elaboramos e comercializamos fariña de castaña, bica de castaña e folerpas. En tódolos casos, o ingrediente base distintivo é a castaña amarelante do Macizo Central Ourensán.
Castañas Secas Peladas
Castañas tratadas nun secadeiro alimentado con biomasa. Un método tradicional aplicado por Amarelante para poder consumir castañas todo o ano. Sen aditivos nin conservantes e libres de glute.
Fariña de Castaña
Fariña elaborada 100% con castañas secas. Sen aditivos nin conservantes. Podes empregar a fariña de Amarelante tanto en pratos doces como salgados, así coma en empanadas, pizzas, pan, tortas, biscoitos, purés, fritos, galletas…
Bica de Castaña
A bica de castaña de Amarelante é a reinterpretación deste doce tradicional ao que lle engadimos un sabor especial incorporando a fariña de castaña. Trátase dunha sobremesa única cun sabor moi característico.
Alimenta as túas neuronas co noso blogue
BASES DE PARTICIPACIÓN PARA SORTEO O CASTAÑAZO 2024
2 ENTRADAS PARA O FESTIVAL O CASTAÑAZO, CHANTADA (1 e 2 de novembro de 2024) Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, con CIF: F32438426, enderezo social en
Avances no grupo operativo SUEROVAL
Avances no grupo operativo SUEROVAL no que participa Amarelante.
Amarelante participa no grupo operativo SUEROVAL
Amarelante participa no grupo operativo SUEROVAL, unha iniciativa para valorizar o soro de leite obtido na produción de queixo transformándoo nun aditivo de alto valor. Porase no mercado unha nova gama de productos cuxo ingrediente tamén será a fariña de castaña.
Crowfunding en Goteo para lanzar ao mercado uns copos de castaña
Amarelante necesítate! Colabora no noso crowdfunding para lanzar ao mercado un novo produto: copos de castaña.
Produción natural da castaña, materia prima da nosa terra
O compromiso de Amarelante coa natureza é clave na recuperación dos soutos e na revitalización do medio rural. Sen iso non existiría a nosa castaña amarelante única. Coñece no blogue todas as novidades e os nosos proxectos.
As castañas secas, a fariña e a bica de castaña son o resultado dunha elaboración totalmente natural. Tras a recollida manual das castañas, nas nosas instalacións seguen os procesos seguintes: secado, pelado, selección e moenda. Non usamos ningún conservante nin produto químico que altere a composición dun froito con múltiples propiedades. Entre os beneficios das castañas para a saúde destaca o seu aporte de hidratos de carbono, fósforo, ferro ou ácido fólico.