Folerpas de castaña

Copos de castaña ideais para un almorzo saudable ou como acompañante de sobremesas, iogures ou snack.

4,00

Que son?

As folerpas de castaña son un produto orixinal de Amarelante que xurdiu tras a nosa participación no proxecto “Desenvolvemento de novos produtos da dieta atlántica derivados da castaña”, cofinanciado polo Feader en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca) de Galicia. Están elaborados con fariña de castaña, leite, clara de ovo, aceite de oliva, mel e sal. Unha opción saudable e diferente para os teus almorzos, sobremesas ou picoteo.

A embalaxe

Presentación en bolsa de papel hermética con ventá. Peso neto: 200 gramos. Conservar nun lugar fresco e seco.

 

 

 

Máis especialidades