Os produtos Amarelante están dispoñibles en tendas físicas das catro provincias galegas, en Madrid e en Vitoria (País Vasco), sendo a provincia de Ourense onde hai máis establecementos de venda. Restaurantes, pazos, froiterías, supermercados… Descubre no mapa e na lista que lugar é o máis próximo á súa residencia habitual para mercar as nosas castañas e derivados.
Se o prefires, podes facer a compra na nosa tenda en liña, onde atoparás toda a información detallada sobre os nosos produtos, indicando os seus ingredientes, proceso de produción e valor nutritivo. Os envíos realízanse tanto a España como ao estranxeiro, neste caso consulta previamente.