2 ENTRADAS PARA O FESTIVAL O CASTAÑAZO, CHANTADA (1 e 2 de novembro de 2024)
Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, con CIF: F32438426, enderezo social en A Corredoira, 32781 Manzaneda (Ourense), sortea dúas entradas para asistir ao festival O Castañazo, que se celebrará o 1 e 2 de novembro de 2024 en Chantada (Lugo), a través dun concurso no seu perfil en Instagram.
O concurso consiste en:
Sorteo dun abono dobre para o festival O Castañazo 2024
Mecánica do concurso:
- Acceder á páxina de Instagram de @amarelante_scg
- Darlle ‘like’ á publicación específico do sorteo.
- Etiquetar a dous amig@s cos que iría ao Castañazo.
- Seguir o perfil en IG de @amarelante_scg e o @castanhazo
- Compartir nos teus ST a publicación.
- Cada usuari@ poderá participar as veces que queira.
- Realizarase un sorteo entre tod@s @s participantes no post do sorteo o 25/10/2024, seleccionando a un gañador (levará as dúas entradas) e un suplente. A comunicación farase a través da conta de IG de Amarelante, así como do seu perfil en Facebook e Twitter (X), unha vez que se verifique que cumple cos requisitos.
Período de participación:
O concurso celebrarase entre o 17/10 (no momento que se publique o concurso en IG) e as 23:59 do 24/10. As participacións fóra dos horarios e datas indicadas, ou noutras publicacións que non sexa o post do concurso, non se terán en conta.
Restriccións:
Só poderán participar persoas maiores de 18 anos e residentes dentro do Estado español. Nin Amarelante nin O Castañazo asumirán os gastos de desprazamento ata o festival. Os perfís sospeitosos de ser falsos serán excluidos do sorteo.
Como se entregarán as entradas?
A través de correo electrónico facilitado polo gañador/a.
Condicións de participación
Só poderán participar persoas cun perfil en Instagram e que sigan a conta @Amarelante_scg
Os participantes deberán darlle ‘like’ á publicación do concurso na conta de Amarelante, etiquetar a dúas persoas durante o período que dura o concurso e seguir o perfil en IG de @amarelante_scg e o @castanhazo
Non se permitirán comentarios que sexan ofensivos, discriminatorios ou poidan vulnerar os dereitos de terceiros. Tampouco aqueles que vulneren os principios de dereito ao honor, á intmidade e a propia imaxe.
A persoa que resulte gañadora aceptará que o seu nome sexa publicado nas redes sociais de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
Unha vez publicado o nome do gañador, deberá porse en contacto con Amarelante a través do seu perfil de IG para facilitar o seu correo electrónico.
En caso de non responder no prazo de dous días, entenderá que renuncia ás entradas e darase paso ao mesmo procedemento coa persoas suplente. Se sucedese o mesmo, o premio quedaría deserto.
As entradas non se poderán cambiar polo seu valor en efectivo.
Protección de datos
A entidade responsable do tratamento dos datos é Amarelante, con CIF: F32438426 E enderezo: A Corredoira, 32781 Manzaneda – Ourense.
De conformidade co establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos, cada participante coa aceptación destas Bases Legais consinte que os seus datos personais sexan incorporados a un fichero, titularidad desta, coa finalidade de xestionar o sorteo, así como difundir e dar publicidade aos resultados e tramitar a entrega do premio.