Un blogue para as castañas e o medio rural
O proxecto de Amarelante comezou coa convicción de que iría moito máis aló da produción e posterior venda de castañas. Apostamos por revitalizar o rural, cunha visión integradora que combine tradición e innovación.
Temos moi claro onde vivimos, os seus potenciais, carencias e necesidades. Por iso seguimos traballando con ilusión e tendo sempre presente que “queremos vivir do rural, non sobrevivir”.
Continuaremos apostando por produtos naturais, a ecoloxía, o feminismo, o respeto ao medio, as súas tradicións… e investigando e reinventando un produto de máxima calidade como a castaña.
No noso blogue irémosvos contando a nosa historia, novidades, detalles dos nosos produtos a base de castaña amarelante, receitas con fariña de castaña… Permanece atent@!

Avances no proxecto para elaborar bebida vexetal de castaña e outros produtos
O proxecto piloto para desenvolver novos produtos derivados da castaña segue avanzando. Amarelante, en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne e a Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago, lidera unha proposta para elaborar un almorzo e un petisco galego, saudable e sen azucre engadido. En concreto, estes produtos

Amarelante coordinará un proxecto piloto para o desenvolvemento de novos produtos derivados da castaña
Amarelante coordinará un proxecto piloto para o desenvolvemento de novos produtos derivados da castaña

Biscoito de castañas
Desde Amarelante propoñémosvos unha sobremesa fácil de preparar, saborosa e resultona: un biscoito de castañas. Moitas veces preguntádesnos como podedes cociñar coa fariña de castaña e tedes en mente cousas demasiado elaboradas ou difíciles. Nada máis lonxe da realidade! Para poder desfrutar dos beneficios das castañas podedes optar por receitas

Propiedades das castañas
A próxima vez que comas unha castaña (se es quen de resistirte a só unha) lembra o que hoxe ímosche contar desde Amarelante. As castañas son un froito seco cun alto contido en fósforo, potasio, calcio e fibra. Sabías que pese a seren ricas en hidratos de carbono son o