Xeados de castañas con leite

De chocolate, vainilla, pistacho… Cal é o voso xeado favorito? Desde Amarelante tiñamos claro que había que probar co xeado de castañas, unha receita tan doada que case non temos nin que escribir. Queredes descubrilo?

Hai un par de anos pensabamos como podiamos facer xeado de castañas de forma sinxela e saborosa e, de pronto, caemos na conta de que a sobremesa favorita das nosas avoas eran as castañas con leite, así que simplemente lle demos unha voltiña máis.

Imos aló!

Que necesitamos?

Ingredientes para xeados de castañas:

  • 150 gr de castañas secas Amarelante.
  • 500 ml de leite, aproximadamente.
  • Azucre ao gusto.
  • Unhas ramiñas de canela.
  • Pingas de chocolate (opcional).

Como facemos?

Pois non hai máis que poñer a ferver o leite coa canela, as castañas e o azucre ata que as castañas estean moi ben cocidas (uns 20-30 minutos). Pode ser que teñamos que ir engadindo leite, pero sempre vixiando que a mestura non quede demasiado líquida, senón máis ben cremosiña. Cando as castañas estean listas, retiramos as ramas de canela e trituramos as castañas e o leite. Despois engadimos as pingas de chocolate e botamos a mestura en moldes para xeado. Conxelamos durante 2-3 horas e listo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará