Cantos contos teñen os soutos: o rabirrubio real

Vouche contar cun conto o que acontece nos soutos dos meus soños.

Hai castiñeiros centenarios.

Castiñeiros centenarios que hai nos soutos dos meus soños… E aínda non rematei de contar, espera que che conto!

Hai castañas que eu recollo dos castiñeiros centenarios.

Castañas que eu recollo dos castiñeiros centenarios que hai nos soutos dos meus soños… E aínda non rematei de contar, espera que che conto!

Hai ourizos dos que caen as castañas.

Ourizos dos que caen as castañas que eu recollo dos castiñeiros centenarios que hai nos soutos dos meus soños… E aínda non rematei de contar, espera que che conto!

Hai ponlas que teñen os ourizos.

Ponlas que teñen os ourizos dos que caen as castañas que eu recollo dos castiñeiros centenarios que hai nos soutos dos meus soños… E aínda non rematei de contar, espera que che conto!

Hai avispiñas que secan as ponlas.

Avispiñas que secan as ponlas que teñen os ourizos dos que caen as castañas que eu recollo dos castiñeiros centenarios que hai nos soutos dos meus soños… E aínda non rematei de contar, espera que che conto!

Imaxe dun rabirrubio.
Imaxe dun rabirrubio feita por Erebia.

Hai rabirrubios reais que comen avespiñas.

Rabirrubios reais que comen as avispiñas que secan as ponlas que teñen os ourizos dos que caen as castañas que eu recollo dos castiñeiros centenarios que hai nos soutos dos meus soños… E aínda non rematei de contar, espera que che conto!.

Hai caixas-niño nas que viven os rabirrubios reais.

Caixas-niño nas que viven os rabirrubios reais que comen as avispiñas que secan as ponlas que teñen os ourizos dos que caen as castañas que eu recollo dos castiñeiros centenarios que hai nos soutos dos meus soños… E aínda non rematei de contar, espera que che conto!.

Hai amigos e amigas dos soutos que colocan as caixas-niño.

Que ledicia que haxa amigos e amigas dos soutos que colocan as caixas-niño nas que viven os rabirrubios reais que comen as avispiñas que secan as ponlas que teñen os ourizos dos que caen as castañas que eu recollo dos castiñeiros centenarios que hai nos soutos dos meus soños… E xa non teño máis que contar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *