Castañas con leite

En Amarelante gústanos experimentar na cociña. Nesta ocasión tráemosvos unha sobremesa elaborada cun dos nosos produtos: castañas con leite.

Ingredientes (para catro persoas):

Preparación:

Para comezar cocemos as castañas en auga cun pouco de sal. O tempo aproximado é entre 20 e 30 minutos aínda que o mellor é comprobalo pinchando cun garfo; se notamos que se poden partir pero sen chegar a romper estarán no punto óptimo.

Escorremos as castañas e, no caso de que algunha teña restos de pel, retírase para evitar a amargura. A continuación colocámolas nun cazo e cubrímolas con leite, engadimos a rama de canela, un chisco de sal e unha culler de sobremesa de azucre. Poñémolo ao lume con temperatura alta e agardamos a que ferva o leite. Nese momento baixamos a temperatura media e cunha culler de madeira comezamos a remexer ata que reduza o leite e consigamos unha textura espesa (uns vinte minutos). Ao igual que acontece cando facemos arroz co leite, é importante non deixer de remover para que o leite non ferva.

Retiramos do lume, sacamos a rama de canela e… xa estaría! Esta sobremesa pódese tomar tanto en quente como en frío. Nós suxerimos presentala nunha galleta de xeado. Atredésvos a probar estas castañas con leite?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará