Para que podo usar a fariña de castaña?

“E para que podo usar esta farina?” Esta é unha das preguntas que máis nos fai a xente cando imos de feira. A nosa resposta sempre é a mesma: “para o mesmo que a de trigo, para o que ti queiras, o único que como é máis doce (polo azucre da propia castaña) non necesitas engadirlle tanto”. Como sabemos que este tema desperta dúbida hoxe explicámosvos os usos da fariña de castaña Amarelante. Tomade nota!

Comezamos explicando que leva a fariña de castaña Amarelante. Non hai segredos nin publicidade enganosa. A nosa fariña de castaña leva única e exclusivamente castañas. Nada máis, nin conservantes, nin colorantes nin outro tipo de fariñas como a de trigo ou millo. Elabórase con castañas secas (tratadas nun sequeiro alimentando con biomasa), das que seleccionamos as rotas. Despois pásanse por un muiño por decantanción especial para castaña. A continuación por unha tamizadora para conseguir unha fariña fina de alta calidade. Déixase reposar para que enfríe e envásase nos nosos dous formatos de venta: tarro de cristal de 500 gramos ou pet de 2,5 quilos.

A fariña de castaña de Amarelante é, polo tanto, apta para persoas celíacas. Neste artigo podes descubrir todas as súas propiedades.

fariña-castaña

Usos da fariña de castaña

  • Rebozados: pode empregar a fariña de castaña para rebozar pescados, verduras, mariscos ou carnes logrando así un sabor diferente.
  • Masas: tanto para elaborar pan coma base de empanadas ou pizzas.
  • Sobremesas: incorpora a fariña de castaña a todo tipo de biscoitos, galletas, tortas, madalenas, bicas… Iso si, se se trata dunha sobremesa que necesita subir recomendamos non sustituir por completo a fariña de castaña pola que uses habitualmente. Lembra que necesitarás menos azucre polo propio doce das castañas.
  • Filloas: quen din filloas di tortitas, bolas da sartén ou crêpes.
  • Salsas: para espesar salsas, ligalas, preparar bechamel… 
Fariña de castaña de Amarelante.

As nosas propostas

Desde Amarelante propoñémosche as nosas propias receitas para elaborar con fariña de castaña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *