Hummus de castaña

Hoxe traémosvos unha receita fácil, rápida e sa. Ademais é moi versátil, xa que podedes poñela como entrante, para unha cea lixeira, de merenda ou, incluso, para untar no pan. Que máis se pode pedir?

Ingredientes:

  • 200 gramos de garavanzos. Poden ser de bote, en cuxo caso non esquezades lavalos ben.
  • 50 – 100 gramos de castañas secas Amarelante. Neste caso mellor que estean ben cocidas e se desfagan con facilidade.
  • O zume de medio limón.
  • Un dente de allo. 
  • Un anaquiño de xenxibre fresco ou xenxibre en pó. As cantidades tanto do xenxibre como do allo poden variar en función de como vos guste de picante.
  • Tahini. O tahini é unha pasta de sésamo que se emprega tradicionalmente na receita do hummus. Como non tiñamos a man, fixémolo nós triturando unhas semillas de sésamo con aceite de oliva. Para a receita necesitaremos unha ou dúas culleradas pequenas. 
  • Pementón e aceite de oliva virxe extra.

Hummus feito con castañas secas de Amarelante.

Unha vez preparados os ingredientes (as castañas haberá que cocelas entre 20-30 minutos) engadimos todo ao procesador de alimentos, batemos… e listo! O pementón e o aceite engadirémolo despois de triturar o resto de ingredientes, no momento en que vaiamos comer.

Bo proveito!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver toda la información sobre cómo gestionamos la privacidad de nuestros usuarios aquí.