10 beneficios das castañas

Sabiades que a castaña é comparable á laranxa en vitamina C? Pois si, hai moitas virtudes deste alimento que pasan desapercibidas, o cal é unha mágoa porque as castañas, ademais de saborosísimas, son unha fonte enorme de beneficios. Desde Amarelante  presentámosche 10 motivos que constatan por que non deben faltar no teu prato. Descobre os seus beneficios!

  1. Son saciantes. Presentan un alto contido en fibras e en hidratos de carbono complexos, que o organismo absorbe lentamente, axudando a manter niveis de azucre en sangue máis equilibrados e retardando a sensación de fame.
  2. Non conteñen glute. O que as fai ideais para as persoas celíacas ou con sensibilidade ó glute.
  3. Protexen a túa saúde. As castañas aportan ácidos graxos omega 6 e omega 3 e, ademais, non teñen colesterol! O aporte de graxas saudables é fundamental para a nosa saúde hormonal, cardiovascular e sistema nervioso.
  4. Favorecen a dixestión e contribúen a que a túa flora intestinal estea en condicións óptimas para combater o estrinximento e previr enfermidades. 
  5. Aportan gran enerxía e conteñen ferro, moi necesario para a produción de hemoglobina e para previr a anemia. Pódese dicir que son un gran aliado en casos de cansancio e fatiga. Unha presa de castañas e a rodar!
  6. Teñen baixo contido  en sodio e alto en potasio e, polo tanto, as persoas con hipertensión poden consumilas sen problema.
  7. Posúen efecto diurético. Non o ides crer pero, aproximadamente a metade do seu peso é auga! Esto, xunto co seu alto aporte en potasio, fai que se promova a diurese (excreción pola urina) o que reduce a inchazón.
  8. Melloran o sistema inmunolóxico. Contribúen a reforzar as defensas do organismo. Por iso, se sofres de gripes e arrefriados, incluílas na túa dieta é un bo xeito de loitar contra virus e bacterias. Son, ademais, un gran antioxidante polo que, o seu consumo axuda a previr o envellecemento.
  9. Fortalecen o sistema óseo.Axúdannos  a ter os dentes e os ósos sans debido a que posúen calcio, fósforo e un alto contido en magnesio. Son ideais para previr enfermidades como a osteoporose e a artrose.
  10. Estimulan o funcionamento do sistema nervioso.Os seus minerais e o seu contido rico en vitaminas do grupo B son beneficiosos para previr enfermidades e alteracións de tipo neurolóxico.

A importancia das castañas en Galicia remóntase a séculos; foron o alimento esencial dos nosos/as devanceiros/as. Soían consumirse asadas, cocidas, no caldo, con leite…

Recomendámosvos o libro “La cocina gallega”, unha recompilación de receitas tradicionais nas que Álvaro Cunqueiro describe numerosas pratos con castañas.

Hoxe en día, asemade das preparacións máis tradicionais, a castaña considérase un ingrediente de gran valor para os grandes cociñeiros e cociñeiras, formando parte de multitude de receitas, tanto de pratos principais coma de postres. Recomendámosvos o libro “La cocina gallega”, unha recompilación de receitas tradicionais nas que Álvaro Cunqueiro describe numerosas elaboracións culinarias que presentan a castaña como protagonista.

Como di o refraneiro, con castañas asadas e viño novo xa non morre o pobo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *