Amarelante necesítate! Acabamos de lanzar un crowfunding en Goteo para por en marcha un proxecto no que levamos tempo traballando: uns copos de castaña. Neste artigo explicámosche todos os detalles.
Para que é o crowfunding?
Para lanzar ao mercado uns copos de almorzo de castaña. Si, como les, uns “corn flakes”, pero de castaña. Este produto é o resultado da nosa participación no proxecto “Desenvolvemento de novos produtos da dieta atlántica derivados da castaña”, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca) de Galicia. Estivemos traballando nel nos últimos anos e neste momento contamos coa receita e o procedemento de elaboración, pero non coa inversión necesaria para lanzalo ao mercado.
En que invertiremos a túa colaboración?
En todo o necesario para poder elaborar os copos. Esto inclúe unha amasadora industrial, unha laminadora, un forno, un lavalouzas industrial, ademais de todo o packaging do produto (envase e etiquetado). Esta parte material completarase co diseño de imaxe dos copos e accións de promoción (tanto físicas como dixitais) para dalo a coñecer e buscar potenciais clientes.
Cantos cartos necesitaríamos?
O orzamento mínimo está estimado en 5.650 euros, mentres que o óptimo en 9.500.
Como colaborar?
Podes facelo aportando desde 10 euros ata 300. Para elo tan só tes que entrar no noso enlace en Goteo e aí contas con dúas opcións: seleccionar directamenta a recompensa que che interese ou clicando sobre “Cofinanciar este proyecto”.
Cales son as recompensas?
Dependerán da túa aportación. Este é o listado:
- O teu nome aparecerá nun roller que levamos as todas as feiras.
- O teu nome constará na nosa páxina web como mecenas deste proxecto.
- Recibirás 200 gramos de folerpas de castañas, perfectas para os teus almorzos.
- Bolsa de tela Amarelante.
- Bica de castaña elaborada pola nosa cooperativa.
- Paseo por soutos recuperados pola nosa cooperativa para coñecer in situ a nosa tarefa de coidado de castiñeiros centenarios.
- Merenda entre castiñeiros.
- Aloxamento dunha noite en albergue.
- Cea nun establecemento de Manzaneda.
Ata cando estará operativo o crowdfunding?
A ronda inicial é de 40 días, polo que temos ata o 5 de novembro, pero xa sabes que mellor non deixar as cousas para última hora.
Como podo colaborar se non me é posible facelo económicamente?
Difundindo o noso proxecto a través das túas redes sociais e contactos en WhatsApp, Telegram ou similares. Se chega a máis xente teremos máis posibilidades de conseguir mecenas.