Amarelante participa no grupo operativo SUEROVAL

SUEROVAL. Este é o nome do novo grupo operativo no que participa Amarelante xunto con outras cooperativas, empresas, fundacións e organismos.

O grupo operativo SUEROVAL ten como principal obxectivo obter un aditivo de alto valor mediante a deshidratación solar de soro lácteo da produción de queixo (da D.O.P. Cebreiro) que, combinado coa fariña de castaña, empregarase para elaborar unha nova gama de produtos alimentarios: barritas exerxéticas, copos e snacks. Esta iniciativa promove o desenvolvemento sostible a partir de dous eixos básicos: reducindo o volume de soro de leite de queixería –qué é necesario xestionar como residuo– e revalorizar as castañas secas rotas que non son aptas para vender.

O grupo operativo SUEROVAL está formado por un equipo multidisciplinar composto por Queixos Castelo de Brañas SL (que lidera o proxecto), a Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA), o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), Trasdeza Natur S. Coop Galega, Amarelante e o Grupo de Aplicacións Enerxéticas Sostibles da Universidade de Santiago de Compostela (USC) como entidade colaboradora.

No caso de Amarelante seremos os encargados de obter a fariña de castaña óptima para elaborar os novos produtos e tamén colaboraremos no deseño das súas receitas.

O proxecto conta cun orzamento total de 179.340,00€ (100 % subvencionado) financiado polas axudas para a execusión de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027. A Consellería do Medio Rural é o órgano
da Administración galega á que lle corresponde propor e executar as directrices xerales no ámbito rural e engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estructuras rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos lumes forestais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *