Propiedades das castañas

A próxima vez que comas unha castaña (se es quen de resistirte a só unha) lembra o que hoxe ímosche contar desde Amarelante. As castañas son un froito seco cun alto contido en fósforo, potasio, calcio e fibra. Sabías que pese a seren ricas en hidratos de carbono son o froito seco con menos calorías? Isto débese a que apenas teñen graxa e si unha alta porcentaxe de auga. E é que as castañas son un alimento moi particular: trátase dun froito seco pero a súa composición é máis similar á dun cereal. Neste post analizamos as propiedades das castañas, os seus nutrientes e particularidades. Recorda que con Amarelante tes a opción de poder consumilas todo o ano (pásate pola sección de castañas secas).

Propiedades dun froito seco único

As castañas son un froito seco riquísimo en nutrientes que debes incorporar á túa dieta habitual se nos o fixeches xa. Entre os seus minerais destaca a presenza de potasio, magnesio, fósforo e calcio (si, non só se consegue consumindo leite) e, en menor cantidade, de ferro. Tamén é destacable o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3 y B6), así como de antioxidantes (E y C). De feito, o seu aporte de vitamina C é comparable ao da laranxa ou limón. 

Entre as propiedades das castañas tamén destaca a súa elevada proporción en fibra, tanto solubre como insolubre, aínda que a porcentaxe maior é a desta última. Por iso, é un alimento moi recomendable para evitar o estrinximento.

erizo-castaña-propiedades

O froito seco con menos calorías

As castañas son un froito seco único, cunha composición particular que se semella máis a un cereal. Por que? Pois porque aínda que sexa o froito seco con máis hidratos de carbono é o menos calórico xa que apenas ten graxas e máis da metade da súa composición é auga, o que a converte no froito seco con menos calorías. Ademais, dentro dos hidratos de carbono a maior presenza son os complexos, é dicir, os máis saudables (o noso corpo absórveos pouco a pouco estabilizando os niveis de glucosa en sangre).

Un súperalimento que non debe faltar na nosa dieta

Como ves, non esaxeramos se dicimos que as castañas son un súperalimento que deberías incorporar á túa dieta (se non o fixeches xa). Trátase dun froito moi estacional (outubro/novembro) pero que se pode consumir todo o ano con procedementos adecuados de conservación como o secado que realizamos en Amarelante.

Presentación das castañas secas de Amarelante

As nosas castañas secas no levan ningún tipo de conservante nin aditivo (envasámolas ao baleiro para prolongar a súa conservación). O seu aporte de vitaminas antioxidantes e minerais serán moi beneficiosos para o noso organismo axudando a previr enfermedades cardiovasculares. Ademais, debido ao seu baixo contido calórico as castañas tamén pódense incluir en dietas de adelgazamiento ou baixas en sal. 

As personas celíacas ou intolerantes á lactosa poden consumir castañas sen ningún tipo de problema e incorporar así á súa dieta unha fonte importante de calcio, vitaminas, minerais e fibra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *