Un producto sen glute, cun alto poder nutritivo, sen conservantes e, por suposto, 100 x 100 natural. Coñeces as propiedades da fariña de castaña? Desde Amarelante contámosche as súas propiedades, como podes usala e algún segredo da nosa fariña de castaña.
Moitas das fariñas que habitualmente consumimos son refinadas, é dicir, son sometidas a un proceso industrial para que sexan máis finas perdendo boa parte da súa fibra e calidade nutricional. Sen embargo, son pouco recomendables para a saúde polo seu alto índice glucémico. A fariña de castaña de Amarelante é todo o contrario. Trátase dun produto natural elaborado unicamente con castañas secas e… nada máis! Nin conservantes, nin colorantes nin nada similar, por iso é un produto que poden consumir as persoas celíacas.
Propiedades da fariña de castaña
Neste artigo xa che contamos todos os beneficios das castañas. Son un froito seco riquísimo en nutrientes que algúns ata califican como un “súper alimento”. Loxicamente a fariña de castaña conserva todas as súas propiedades. Entre elas destacan:
- Alto contido de fibra e calcio.
- Alto contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3 e B6), así como antioxidantes (E e D).
- Aporta enerxía e ferro.
- Ácidos graxos omega 6 e omega 3.
- Baixa porcentaxe de sodio e alta de potasio polo que está indicada para persoas con hipertensión.
- Rica en aminoácidos.
A fariña de castaña de Amarelante
Como xa che explicamos, a fariña de castaña de Amarelante está elaborada unicamente con castañas secas (nun sequeiro de biomasa), que pasan por un muíño especial de pedra e unha peneira. É unha fariña que destaca pola súa alta calidade, moi fina e branca xa que somos moi coidadosos en que non leve ningún resto de cáscara que poida dar amargura e oscurecela.
Temos á venda dous formatos de presentación: en tarro de cristal de 500 gramos e en pet de 2,5 quilogramos.
Usos da fariña de castaña
A fariña de castaña de Amarelante destaca polo seu particular sabor, moito máis doce que outras fariñas polas propias características da castaña. Outro dos seus puntos a favor? Que con ela necesitarás engadirlle menos azucre ás túas sobremesas.
Pode empregarse tanto en pratos doces coma salgados para:
- Facer bechamel.
- Espesante para salsas.
- Purés.
- Base para pizzas e empanadas.
- Facer pan.
- Croquetas (podes ver aquí a receita).
Todo tipo de sobremesas, como biscoito, brownie, galletas, filloas, tortas, etc
Nós sempre dicimos que a nosa fariña de castaña pódese usar igual que o resto (o único co que hai que ter coidado é que non sobe coma a de trigo). O que che recomendamos? Que a merques e experimentes ti mesmo con ela. Xa verás como che encanta!