Audiovisual do Grupo Operativo SUEROVAL

Presentámosvos o audiovisual do Grupo Operativo SUEROVAL, un proxecto no que participa Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.

SUEROVAL busca revalorizar o soro de queixería que, mesturado con fariña de castaña, permitirá obter un aditivo 100% natural e de alto valor alimentario para elaborar tres novos produtos: barritas enerxéticas, snacks e flocos.

Ademais de Amarelante, no Grupo Operativo participa:

  • Queixos Castelo de Brañas SL (lidera o proxecto).
  • Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA) .
  • Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).
  • Trasdeza Natur S. Coop Galega.
  • Grupo de Aplicacións Enerxéticas Sostibles da Universidade de Santiago de Compostela (USC) como entidade colaboradora.

No vídeo móstrase como o consorcio traballou no desenvolvemento de novos produtos alimentarios sostibles e innovadores, combinando investigación, tecnoloxía e creatividade para promover a economía circular e reducir o desperdicio de recursos naturais.


O audiovisual permite coñecer de primeira man os procesos, resultados e obxectivos de SUEROVAL, destacando a importancia da sustentabilidade, a innovación e o valor engadido dos produtos derivados do soro e da castaña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver toda la información sobre cómo gestionamos la privacidad de nuestros usuarios aquí.