Avances no grupo operativo SUEROVAL

O grupo operativo SUEROVAL segue avanzando. Xa vos contamos aló por decembro algún dos seus detalles, pero hoxe imos darvos algún apuntamento máis deste novo proxecto no que participa Amarelante. (Se tendes un pouco de présa podedes ir directamente ao vídeo).

Que é SUEROVAL?

Un grupo operativo basado na economía circular que busca revalorizar o soro de queixería, o principal residuo deste sector. A innovación, a sostenibilidade e a colaboración entre empresas, a administración e a universidade son os seus principios.

Cal é o obxectivo?

Obter un aditivo 100 % natural e de alto valor alimentario para elaborar tres novos produtos: barritas enerxéticas, snacks e flocos.

Como se obterá?

Con un deshidratador híbrido solar de dobre etapa dimensionado para as condicións do proxecto e pegada de carbono case nula.

Cal é o papel de Amarelante? 

Aportamos a fariña de castaña para engadir ao aditivo procedente do soro e elaborar os tres novos produtos.

Quen máis participa?

  • Queixos Castelo de Brañas SL (lidera o proxecto).
  • Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA) .
  • Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).
  • Trasdeza Natur S. Coop Galega.
  • Grupo de Aplicacións Enerxéticas Sostibles da Universidade de Santiago de Compostela (USC) como entidade colaboradora.

Este proxecto está financiado polas axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea de la Innovación (AEI), cofinanciadas nun 80 % co Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027 con fondos propios da Xunta de Galicia nun 14 % e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 6 %. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propor e ejecutar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estructuras rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos lumes forestais. Orzamento total SUEROVAL: 179.340,00 € (100 % subvencionado).

Neste vídeo podes ver un resumo do proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *