Esta cesta contén unha bica de castaña (800 gramos), un tarro de fariña de castaña (500 gramos) e un paquete de castañas secas (500 gramos), é dicir, os tres produtos estrela da cooperativa Amarelante. A cesta é perfecta para agasallar tanto aos amantes das castañas clásicas como a aqueles os que lles gustan máis os doces.
#agasallarural durante todo o ano con esta cesta de produtos exclusivos.
Se queres que esta cesta chegue para Noiteboa, por favor fai o teu pedido antes do 19 de decembro.
Reinterpretación deste doce tradicional da provincia de Ourense. Amarelante foi pionero en elaborar bica de castaña, unha sobremesa única cun sabor moi característico.
12,00€ Ver produto
Bolsa de tela serigrafíada coa frase “Se queres castañas, non plantes eucaliptos” e o logo de Amarelante.
12,00€ Ver produto